Esadg, matricúlate en la Escuela de Arte dramático de Vigo

Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Vén aprender a facer teatro con nós. Vén á casa do teatro.
Unha das poucas escolas oficiais e públicas do Estado que conta coas tres titulacións que establece a lexislación: Dirección escénica e dramaturxia, Escenografía e Interpretación. Permite que desde o primeiro curso ó alumnado poida realizar traballos integrados, nos que se reproducen os procesos de traballo que se desenvolven no campo profesional, afondando en estratexias cooperativas fundamentais nas artes escénicas. Tamén favorece que ao longo da carreira o alumnado poida crear espazos para a realización do Traballo de Fin de Estudos. Para favorecer a relación directa e permanente coa escena, a ESADg vai potenciar o programa FÓRA DE PORTAS, orientado a que os traballos do alumnado se poidan presentar en teatros e auditorios como mostras pedagóxicas, ofrecendo a mellor formación posible e favorecendo a inserción laboral dos seus titulados.
En breve se convocarán as probas de acceso.
+ Info: www.esadgalicia.com

Calle Poza Cabalo, s/n, 36212 Vigo, Pontevedra

Etiquetas: ,



Comentar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *