Oito edicións ás espaldas empezan a convertir ao Osa do Mar nun clásico respetado dos festivais de música organizados por unha Asociación Cultural (Fanto Fantini) sen ánimo de lucro. Unha especie de “Galia” que resiste os diferentes envites romanos.
Botamos a vista atrás e cremos que podemos estar orgullosos do traballo feito até agora, da liña que marcamos, dos grupos e artistas que viñeron, da resposta do público e en definitiva do que se convirteu a marca Osa do Mar.
O futuro podería levarnos a facer o Osa do Mar 2022 no metaverso, que actuasen hologramas e que a virtualidade nos invadise pero chamádenos antiguos. Preferimos voltar a un festival dos de contacto, de bailar, con artistas en directo, comer ben, tomar algo e falar sen máscaras e esperemos que abrazarnos moito.
En esta edición esperamos volver á normalidade e poder montar o recinto na Praza do Concello de Burela o 2 e 3 de setembro con unha ampla, orixinal e divertida programación que mezcle estilos e con presenza de bandas emerxentes.