Rede de Músicas Soltas en Redondela



Por terceiro ano Redondela acolle unha nova edición do ciclo coa mellor música tradicional contemporánea de Galicia dun xeito próximo, íntimo e regular.
Concertos de presentación dos proxectos da música popular feita en Galicia por músicos galegos ou moradores deste país, que nesta edición abre o seu ámbito xeográfico e combida a outros artistas da Península. Nesta ocasión presenta os novos discos dos artistas galegos Puntada sen fio (A lúa prendeu a luz), Davide Salvado (Lobos), Lagharteiras (Lagharteiras) e de Javier Marcos Quinteto (Ten Dez); así coma os artistas internacionais Toques do Caramulo (Portugal) ou Coladera (Brasil).
Un ciclo de concertos promovido polo Concello de Redondela e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular.

16 de xaneiro, 20 de febrero, 19 de marzo, 16 de abril, 14 de maio e 18 de xuño. 21 h

Auditorio da Xunqueira. Redondela.
+ Info: folque.com



Author: Pontevedra GO

Share This Post On

Submit a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *