Festival SonRías Baixas 2016 en Bueu



O Festival SonRías Baixas volverá encher Bueu de música e de festivaleiros con ganas de troula os días 4, 5 e 6 de agosto de 2016. A Asociación Troula na Banda anuncia nova edición do certame para a primeira fin de semana de agosto e afirma que xa está mantendo conversas con institucións públicas e privadas, para definir o orzamento e o proxecto.

O Festival SonRías Baixas 2014 tivo que ser cancelado por causa da choiva e a organización anunciou a comezos deste ano que agardaría ata 2016 para retomar o proxecto. As edicións anteriores conquistaran a máis 12.000 persoas e supuxeran para Bueu unha inxección económica de preto dun millón de euros, chegándose ao pleno de ocupación hoteleira en toda a comarca. A particular mistura de música, praia e gastronomía nun contorno privilexiado é unha das principais marcas de identidade do SonRías Baixas, toda unha referencia do verán en Galicia e no resto do estado.



Author: Pontevedra GO

Share This Post On

Submit a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *