ESADg, probas de acceso para o curso 2019/2020 en Vigo

ESADg. Inscríbete nas probas de acceso 2019/2020 da Escola superior de Arte dramática de Galicia.

ESADg. Nun ano especialmente importante para as artes escénicas, pois se celebra o centenario da creación na Coruña do Conservatorio Nazonal de Arte Galego , fundamental no desenvolvemento da creación
dramática e teatral en Galicia, a ESADg convoca as Probas de Acceso para o curso escolar 2019/2020. Un curso escolar que comezará con diferentes actividades para conmemorar esa efeméride.
A ESADg é unha das escolas cunha das máis interesantes ofertas educativas, contando coas especialidades en escenografía, dirección escénica e dramaturxia (cos dous itinerarios) e en interpretación (co itinerario textual e xestual).
Unha oferta que infl úe no feito de que cada vez sexa maior o número de compañías de teatro creadas nas aulas da escola, a vez que os futuros creadores comparten dende o primeiro día as súa área creativa e os seus intereses artísticos. Deste xeito a ESADg traballa na formación de creadores dende a colaboración e na realización de proxectos escénicos directamente vinculados coa futura praxe profesional.

Inscrición ata mediados de xuño.

+ Info: Escola de Arte Dramática de Galicia

Etiquetas: , , , , , , , ,



Comentar

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *