Icc week, semana das Industrias culturais e creativas en Ourense

Desde 2015, ICC Week é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: o labor principalmente é pór en valor sectores como o audiovisual, a industria musical, radio, novas tendencias tecnolóxicas, gastronomía, apps, videoxogos, moda e sectores nos que a creatividade é un activo e núcleo principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas e showcases vertebrán un programa repleto de actividades que pon en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do S. XXI. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que converte a provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e a apertura de novos mercados.
A Ourense ICC Week terá como un dos seus eixos centrais o humor, afrontado como industria cultural e creativa. As actividades que se desenvolverán en lugares emblemáticos da provincia de Ourense, pasarán por diversos em prazamentos como a Casa Museo de Otero Pedrayo, o Teatro Principal, o Mosteiro de San Clodio ou o Centro Cultural Marcos Valcárcel, entre outros.
O humor ocupará unha posición destacada como industria cultural e creativa nesta edición da ICC Week , que acollerá unha mesa de debate coa participación de Moderna de Pueblo, Juanra Bonet, Alberto Casado e Rober Bodegas, moderados polo ourensán Manuel de Lorenzo, e que terá a súa extensión no Teatro Principal co espectáculo “Pantomima Full”, o sábado 5 de maio.
Os relatores:
RAQUEL CÓRCOLES – Moderna de Pueblo é un blogue creado en 2010 por Raquel Córcoles e ao que desde 2012 se adica a tempo completo, dirixindo os contidos, como guionista e ilustradora. O seu primeiro cómic “Los Capullos No Regalan Flores”, foi publicado en Francia, Brasil, Portugal, Singapur e Malasia, e vai pola 6ª edición, con máis de 30.000 exemplares vendidos. Ademais, colabora con medios como El Jueves, Cuore, El País e GQ
JUAN RAMÓN BONET- Actor que traballou como reporteiro e presentador
en programas de televisión como Caiga Quién Caiga, El Intermedio, ou Gafapastas, e que actualmente ameniza as tardes de Antena3 presentando ¡Boom!.
ALBERTO CASADO E ROBER BODEGAS.- Os nomes de Alberto Casado e Rober Bodegas convertéronse nos últimos tempos en referentes da comedia online como “Pantomima Full”. O que comezou como una serie de vídeos para promocionar os seus espectáculos, é xa un fenómeno de culto que milleiros de persoas consumen cada día en vídeos curtos compartidos no seu Facebook. Pantomima Full é unha sucesión de sketches de entre 5 e 10 minutos, nos que presentan situacións absurdas con normalidade: cracks que fixeron crack, un psiquiatra que está peor que os seus pacientes, a captura do narco máis guapo, ou dous tíos xogando a pares ou nones para ver quen empeza a dispararse nunha ruleta rusa.Un espectáculo coas risas aseguradas.
MULLERES TECH E GRACIA QUEREJETA
Ademais, a ICC Week contará na súa programación cun espazo dedicado aos novos sectores emerxentes e ás TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), no que serán protagonistas as mulleres Tech. A xornada “Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento”. Neste encontro coa cultura dixital participarán mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade como son a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, o mundo do Software e a Gamificación ou a Economía Colaborativa. De tal modo que, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e o que está por vir nun momento de cambios como o que estamos a vivir.
Así mesmo,o presidente da Asociación Galega de Guionistas, Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da manda da directora e guionista, Gracia Querejeta, que conta con numerosos premios e unha traxectoria encomiable, todo un referente no
sector audiovisual.
Nas próximas semanas a organización desvelará a totalidade dos contidos desta
edición, que xirarán arredor da literatura, o audiovisual, as tecnoloxía, o deseño ou os e-sports, entre algunha que outra sorpresa.
PROGRAMACIÓN MUSICAL
A industria musical convértese nun alicerce fundamental nesta edición. Coa finalidade abrir o abano de estilos e ofrecer unha proposta rica e variada ao público, a organización contará cunha musical do máis ecléctica e con destacados artistas do panorama musical actual: Morgan, Mikel Erentxun, Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar.
Datas e emprazamentos:
● Morgan | Teatro Principal de Ourense | 2 de maio ás 21h
● Mikel Erentxun | Teatro Principal de Ourense | 4 de maio ás 21h
● Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar DJ | Xardíns Padre
Feijoo | 5 de maio de 12h a 16h

Del 2 al 5 de mayo. Ourense.

+ Info: www.ourenseiccweek.com

COMENTARIOS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Últimas Noticias

SON Estrella Galicia

15 años de música con SON Estrella Galicia, todas sus novedades

La nueva temporada del proyecto musical cervecero SON Estrella Galicia contará con actuaciones en cinco países, festivales y microfestivales, experiencias en salas de ensayo y nuevos proyectos en...
Almudena Libros recomendados abril

Cinco lanzamientos de libros recomendados en abril

Como cada mes, LaGuiaGo! presenta una selección de cinco libros recomendados entre los lanzamientos más destacados del mes de abril. Descubre nuestros cinco libros recomendados del mes de abril ...
Triángulo de Amor Bizarro anuncian su gira veinte aniversario

Triángulo de Amor Bizarro anuncian su gira veinte aniversario

El grupo indie gallego Triángulo de Amor Bizarro, comunicaron recientemente la marcha de su teclista y guitarrista Zippo, y ahora publican las primeras fechas de una gira en la cual el público y ...
Villas Marineras Coruña

Las villas marineras con mas encanto de la provincia de A Coruña

Las Rías Altas abarcan el noreste del litoral gallego y es uno de los lugares más concurridos y visitados de toda Galicia. Cuenta con algunos pueblos muy reconocidos como Betanzos, Fisterra, Ferr...

Más Leídas

surfing lerez pontevedra festival

Vuelve el festival solidario Surfing the Lérez a Pontevedra

El festival solidario Surfing the Lérez vuelve este año a Pontevedra. El evento musical se cele...
Mejores Furanchos de Pontevedra

Los furanchos de Pontevedra que no te puedes perder

Un furancho era una antigua casa, o al menos una parte de ella, en donde el vino joven que se c...
Rias Baixas. Que ver Rías Baixas

Que ver en las Rías Baixas en una ruta de 5 días

Las Rías Baixas tienen, por suerte, numerosos lugares para visitar y que ver en 5 días, por lo ...
sonrias baixas festival bueu

Nueva edición del Festival SonRías Baixas en Bueu

El festival SonRías Baixas regresa a Bueu en 2024 con una nueva edición para aunar nuevamente m...