CSCD As Pedriñas- Territorio cultural

O territorio Cultural As Pedriñas naceu no ano 1992 da man da Comunidade de Montes de Tameiga. Esta comunidade apostou dende os seus comezos por reinvertir grande parte dos beneficios que xera o monte comunal na creación dun espazo de esparcimento cultural, social e deportivo en Tameiga, concello de Mos.
A filosofía da comunidade de persoas que xestiona o espazo, así como a recente inaugurada Sala Rebullón, foi dende as súas orixes a mesma: a defensa e promoción da cultura galega en todas as súas expresións artísticas, así como crear sinerxias con asociacións, proxectos e empresas con similares intereses.

Son tres as áreas prioritarias de intervención cultural nas que traballan:

1ª Comunitaria: fomentar os espazos de encontro social e veciñal por medio de diversas actividades manuais, deportivas, formativas e de ocio, sen esquecer as festas tradicionais e populares. O edificio principal conta con 1500m2 con 11 salas que permiten desenvolver múltiples actividades socioculturais de maneira simultánea.

2ª Deportiva: promover o deporte como xeito de vida e de encontro. Piscinas, pistas de futbito, tenis, petanca, sendeiros sinalizados. 35.000m2 de zona verde que convirte este espazo nun privilexio natural en pleno corazón industrial.

3ª Artística: achegar a danza, as exposicións pictóricas, o teatro, a poesía, a narración oral, o cine e a música á poboación.

Todas as súas actividades son abertas ao conxunto da poboación.

Información general

CSCD As Pedriñas- Territorio cultural
Avenida do rebullón 23, 36416, Tameiga. Mos
Teléfono:
986 288 057
Página web:
www.tameiga.com

Precio: Consultar tarifas


Observaciones: