Icc week, semana das Industrias culturais e creativas en Ourense

2 de mayo de 2018 05:00 - 6 de mayo de 2018

Desde 2015, ICC Week é un acontecemento transversal na cultura e industria creativa: o labor principalmente é pór en valor sectores como o audiovisual, a industria musical, radio, novas tendencias tecnolóxicas, gastronomía, apps, videoxogos, moda e sectores nos que a creatividade é un activo e núcleo principal. Speedmeetings, relatorios, charlas, entrevistas e showcases vertebrán un programa repleto de actividades que pon en valor a actividade económica dun sector clave na Europa do S. XXI. Un punto de encontro para emprendedores e protagonistas creativos que converte a provincia de Ourense o marco perfecto para o co-working, a potenciación de negocios e a apertura de novos mercados.
A Ourense ICC Week terá como un dos seus eixos centrais o humor, afrontado como industria cultural e creativa. As actividades que se desenvolverán en lugares emblemáticos da provincia de Ourense, pasarán por diversos em prazamentos como a Casa Museo de Otero Pedrayo, o Teatro Principal, o Mosteiro de San Clodio ou o Centro Cultural Marcos Valcárcel, entre outros.
O humor ocupará unha posición destacada como industria cultural e creativa nesta edición da ICC Week , que acollerá unha mesa de debate coa participación de Moderna de Pueblo, Juanra Bonet, Alberto Casado e Rober Bodegas, moderados polo ourensán Manuel de Lorenzo, e que terá a súa extensión no Teatro Principal co espectáculo «Pantomima Full», o sábado 5 de maio.
Os relatores:
RAQUEL CÓRCOLES – Moderna de Pueblo é un blogue creado en 2010 por Raquel Córcoles e ao que desde 2012 se adica a tempo completo, dirixindo os contidos, como guionista e ilustradora. O seu primeiro cómic “Los Capullos No Regalan Flores”, foi publicado en Francia, Brasil, Portugal, Singapur e Malasia, e vai pola 6ª edición, con máis de 30.000 exemplares vendidos. Ademais, colabora con medios como El Jueves, Cuore, El País e GQ
JUAN RAMÓN BONET- Actor que traballou como reporteiro e presentador
en programas de televisión como Caiga Quién Caiga, El Intermedio, ou Gafapastas, e que actualmente ameniza as tardes de Antena3 presentando ¡Boom!.
ALBERTO CASADO E ROBER BODEGAS.- Os nomes de Alberto Casado e Rober Bodegas convertéronse nos últimos tempos en referentes da comedia online como «Pantomima Full». O que comezou como una serie de vídeos para promocionar os seus espectáculos, é xa un fenómeno de culto que milleiros de persoas consumen cada día en vídeos curtos compartidos no seu Facebook. Pantomima Full é unha sucesión de sketches de entre 5 e 10 minutos, nos que presentan situacións absurdas con normalidade: cracks que fixeron crack, un psiquiatra que está peor que os seus pacientes, a captura do narco máis guapo, ou dous tíos xogando a pares ou nones para ver quen empeza a dispararse nunha ruleta rusa.Un espectáculo coas risas aseguradas.
MULLERES TECH E GRACIA QUEREJETA
Ademais, a ICC Week contará na súa programación cun espazo dedicado aos novos sectores emerxentes e ás TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), no que serán protagonistas as mulleres Tech. A xornada “Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento”. Neste encontro coa cultura dixital participarán mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade como son a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, o mundo do Software e a Gamificación ou a Economía Colaborativa. De tal modo que, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e o que está por vir nun momento de cambios como o que estamos a vivir.
Así mesmo,o presidente da Asociación Galega de Guionistas, Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da manda da directora e guionista, Gracia Querejeta, que conta con numerosos premios e unha traxectoria encomiable, todo un referente no
sector audiovisual.
Nas próximas semanas a organización desvelará a totalidade dos contidos desta
edición, que xirarán arredor da literatura, o audiovisual, as tecnoloxía, o deseño ou os e-sports, entre algunha que outra sorpresa.
PROGRAMACIÓN MUSICAL
A industria musical convértese nun alicerce fundamental nesta edición. Coa finalidade abrir o abano de estilos e ofrecer unha proposta rica e variada ao público, a organización contará cunha musical do máis ecléctica e con destacados artistas do panorama musical actual: Morgan, Mikel Erentxun, Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar.
Datas e emprazamentos:
● Morgan | Teatro Principal de Ourense | 2 de maio ás 21h
● Mikel Erentxun | Teatro Principal de Ourense | 4 de maio ás 21h
● Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar DJ | Xardíns Padre
Feijoo | 5 de maio de 12h a 16h

Detalles del evento

Inicio:
2 de mayo de 2018 05:00
Fin:
6 de mayo de 2018
Página web:
www.ourenseiccweek.com

COMENTARIOS

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Últimas Noticias

8 M mujeres gallegas

8 M: Conoce a algunas de las mujeres gallegas que hicieron historia

8 M: mujeres gallegas que hicieron historia. El día internacional de la mujer, queremos rendir tributo a nuestras grandes heroínas, referencias de la historia de Galicia que se atrevieron a alzar...
Tres enigmas para la Organizacion 1

Cinco lanzamientos de libros recomendados en marzo

Como cada mes, LaGuiaGo! presenta una selección de cinco libros recomendados entre los lanzamientos más destacados del mes de marzo. Descubre nuestros cinco libros recomendados del mes de marzo ...
Faro de Cabo Fisterra Muros Fisterra Muxía

Experiencias marineras: descubre Muros, Fisterra y Muxía

En Galicia el mar dibuja un paisaje exclusivo a lo largo de sus costas. El encanto de sus rías se fusiona con excepcional patrimonio cultural siempre ligado al atrayente mundo marítimo y pesquero...
La ciudad de la piel de plata

Cinco lanzamientos de libros recomendados en febrero

Como cada mes, LaGuiaGo! presenta una selección de cinco libros recomendados entre los lanzamientos más destacados del mes de febrero. Descubre nuestros cinco libros recomendados del mes de febr...

Más Leídas

8 M mujeres gallegas

8 M: Conoce a algunas de las mujeres gallegas que hicie...

8 M: mujeres gallegas que hicieron historia. El día internacional de la mujer, queremos rendir ...
arteficial ribadavia festival

Arteficial, nueva edición del festival de música y cult...

El festival Arteficial de Ribadavia celebra en 2024 su XVIII edición el 7 de septiembre. Artefi...
Tres enigmas para la Organizacion 1

Cinco lanzamientos de libros recomendados en marzo

Como cada mes, LaGuiaGo! presenta una selección de cinco libros recomendados entre los lanzamie...
conferencia ourense tempo

La Universidade de Vigo acoge la conferencia «O tempo d...

Con motivo del Día Internacional de la Mujer (8 de marzo), la Universidad de Vigo (UVigo) acoge...