Directorios
Turismo
Festival Mulleres Arte + Parte 3. 12 de marzo en Expocoruña.
21/02/2011 por laguiago.com
Festival Mulleres Arte + Parte 3 en Expocoruña o 12 de marzo.Un día cheo de actividades, artes plásticas, música, performances, exhicións artísticas... e que rematará cun concerto de Ojos de Brujo e os coruñeses Chotokoeu e Duplo Son.
Promovido pola Concellaría de Igualdade e Participación cidadá do Concello da Coruña, o Festival Arte + Parte na súa terceira edición reúne a artistas femininas emerxentes e consagradas a nivel local, estatal e mesmo internacional co obxectivo de contribuir a rachar co papel secundario ou estereotipo da muller nas diferentes disciplinas artísticas.
Programación e horario de actividades:
18:00 Apertura de portas. Apertura das exposicións.
Exposición En Feminino: exposición pictórica colectiva con obras de seis artistas mulleres que na súa linguaxe dialogan co público sobre a imaxe da muller. A expo inclúe una performance da comisaria Rebeca Ponte.
Concurso Iguais. Exposición dunha selección dos mellores traballos presentados a este certame que pretende reflexionar sobre os códigos da publicidade gráfica actual. Ás 20.30 h. darase a coñecer o fallo do xurado.
Espectáculo de equilibrismo da Compañía Duelirium. Este dúo artístico galego ofrecerán a súa exhición a partir de las 18:30 h.
Ademáis durante todo o festival proxectarase a videocreación "Autorretrato", da recoñecida creadora Ana Domínguez, que é xunto con Angel Rueda, co directora do festival de cinema S8.
E a partir das 21:00 os Concertos
O Festival rematará coa actuación de Ojos de Brujo e os coruñeses Duplo Son e ChotoKoeu.
Festival Mulleres Arte + Parte 3. 12 de marzo a partir das 18:00 h en Expocoruña e o 4 de marzo en Centro Comercial Los Rosales as 18.30 h.
[Etiquetas: Mulleres Arte + Parte, Expocoruña, Ojos de Brujo, Centro Comercial Los Rosales]
Comentarios
No hay comentarios, ¿te animas a ser el primero?.
Tu comentario
© laguiago.com 2012 | tel.902117862 | Mapa web | ¿qué es laguiago.com? | Aviso legal
Página desarrollada por Tres Tristes Tigres