Festival SinSal Estrella Galicia en la isla de San Simón de Redondela



Afronta Sinsal Son Estrella Galicia o primeiro ano de sold out absoluto os tres días (21, 22, 23 xullo) desde dous meses antes da súa celebración. Queda de manifesto o enorme interese do público polo festival, un interese que se multiplicou nos últimos anos grazas en parte aos premios e a presenza en medios e que incrementou considerablemente a chegada de público de fóra de Galicia.

A illa é a cabeza de cartel dun festival secreto como Sinsal Son Estrella Galicia e a música será a grande xoia, por moi agachada que estea un ano máis. En 2017 ningún grupo repite, así que todos os días renóvase a grella de programación. 4 bandas venres, 8 sábado e domingo respectivamente, en escenarios principais. Unha das novedades desta edición foi crear un abono “conxunto” que outorga ao posuidor “libre circulación” os días 21 e 22 de xullo entre o Sinsal e o Milhões de Festa de Barcelos, un festival galego e outro portugués.

Colombia, Nova Zelanda ou Corea do Sur pero tamén a Europa do poder e os Estados Unidos. De diferentes lugares as propostas secretas do Sinsal Son Estrella Galicia que van do folk á electrónica, pasando pola revisión da tradición e a psicodelia. En 2016 pasaron polo festival El Guincho, Dan Deacon, Marc Jonson , Eska , Matías Aguayo ,Ryley Walker, Juana Molina, Ala.ni, Sons of Kemet, Joan Miquel Oliver, Malandrómeda / Bixiga 70 e Islam Chipsy, entre outros.
E, por suposto, un 90% do cartel Sinsal Son Estrella Galicia 2017 non pasou aínda por Galicia. Vinte concertos en 3 días dan ao equipo Sinsal a oportunidade de crear un menú coa súa marca: músicas chegadas de recunchos distantes do mundo, representativas do noso momento, algunhas emerxentes e co traballo das artistas mulleres integrado con normalidade no cartel. Como di Julio Gómez, un dos directores do festival “non somos un festival indie nin de músicas do mundo, nin de jazz..”. Pero na identidade do Sinsal Son Estrella Galicia está ofrecer todo iso e máis. E, sobre todo, aquilo que aínda non coñeces.

Illa de San Simón (Redondela, Galicia)

Del 21 al 23 de julio

+ Info: festival.sins.al 

Etiquetas: , , , , ,



Author: Pontevedra GO

Share This Post On

Submit a Comment

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *